jueves, 17 de marzo de 2011

PUNTOS BÁSICOS SOBRE A POLÍTICA MUNICIPAL EN FORCAREI E O BNG!


  • O BNG ten un proxecto claro para o concello unha alternativa, ideas e sobre todo gañas de traballar. É necesario que entre xente nova e con ilusión!
  • O BNG fará oposición no concello e non nos medios de comunicación.
  • O BNG conta con xente capacitada para resolver os problemas.
  • O BNG goberna en concellos cercanos nos que os veciños respaldan a xestión.
  • O BNG non fai unha política de confrontación sen sentido , analiza e posicionase en función do interese de todos non en función do número de votos que esa postura lle dea.
  • O BNG non se avergonza nin se acomplexa do que é , nin engana a ninguén cando votas BNG sabes o que votas.
  • O BNG, por moito que o intenten , non se amedrenta ante as críticas fáciles, renovamos a estrutura e levamos 4 anos traballando por cambiar as cousas
A ninguén máis que os veciños de Forcarei lle interesa que a situación mude, ao final eles van escoller a quen queren no goberno e na oposición.

Os veciños xa coñecen ás outras dúas forzas políticas e hora dun cambio, é tempo de compromiso , é tempo do BNG!


A ENQUISA DO CIS CONFIRMA A SUBA DO BNG NO ESTADO ESPAÑOL


CIS confirma a tendencia á alza do BNG ao atribuírlle no su inquérito de Xaneiro de 2011 unha intención directa de voto do 0,6 por cento no conxunto estatal, 3 décimas máis do que este instituto de opinión lle outorgaba no estudo realizado en Outubro de 2010.

Habería que retrotraerse a Abril de 2008 para acharmos unha intención directa de voto tan alta para o Bloque Nacionalista Galego.

A estimación de voto que o CIS realiza para o BNG -e que é froito de combinar a intención directa coa simpatía que esperta a formación nacionalista galega e outras variábeis- acada o 0,9 por cento do voto emitido no conxunto do Estado, unha décima máis do resultado que obtivo o Bloque nas eleccións xerais de 2008.

Este resultado positivo do CIS vense unir a outros estudos realizados por institutos de opinión privados que concordan tamén en sinalar a tendencia alcista do BNG.

QUE ESTÁ PASANDO COAS UXFOR?

As UXFOR ( Unidades de Xestión Forestal) caracterízanse polo agrupamento de parcelas cara a súa xestión en común seguindo un plan, o Instrumento de Xestión Forestal Específico (IXFE), establecido e aprobado pola Asemblea de propietarios. Este instrumento de mellora dos nosos montes foi posta en marcha polo BNG no período que goberno a Xunta de Galiza, en concreto, a Consellaría de Medio Rural.

Entre as súas vantaxes, as UXFOR caracterízanse pola recuperación e posta en valor da propiedade forestal abandonada, a consecución de unidades produtivas de maior tamaño, que permitan e optimicen a rendibilidade do monte, así como unha xestión común e profesional do monte. Todo iso redunda non só nun mellor aproveitamento do monte, senón que diminúe considerabelmente o risco de incendios forestais.

En Forcarei promoveron a UXFOR do Sixto para xestionar 56 hectáreas, divididas en 15 parcelas en mans de 2 propietarios ( unha parte é monte comunal). No cambio de goberno tiñan presentada a presolicitude.
Incluso nas reunións previas á constitución estivo Gonzalo Constela , quen animou aos veciños para iniciar os trámites canto antes e deste xeito axilizar o procedemento.

O problema é que co cambio de goberno tamén cambiou o xeito de facer as cousas, e o que antes era financiábel pola administración xa non é dificultando os trámites e a constitución das UXFOR, poñamos un exemplo: antes os propios técnicos da consellaría redactaban os planos de ordenación do monte, ferramenta básica para determinar cal era o mellor xeito de organizar a actividade nos montes , e condición indispensábel para a constitución dunha UXFOR.
Agora isto xa non é así , se os propietarios queren seguir adiante co proceso deben contratar a técnicos externos para facelo.
O BNG sempre apoiou que a administración fose quen de recuperar e facilitar o traballo ás comunidades de montes e a poboación en xeral.

Isto determina un xeito de entender a política , para o BNG a administración debe garantir o presente e sobre todo o futuro dos nosos montes , para iso puxo en marcha o banco de terras , as UXFOR …

Para o PP existen dous tipos de facer política forestal , por unha banda entenden que debe ser a iniciativa privada a que vele polos intereses dos montes esto é :que paguen as comunidades de montes. E por outra banda a consecuencia da primeira: que non hai cartos? Pois mala sorte e non se fai nada o que explica situación do monte comunal en moitas partes da Galiza.
Dende o BNG preguntámonos cómo o PP pode estar tan alonxado da realidade social dos concellos. Como poden pretender que en concellos que perden poboación de forma desmesurada, nalgúns lugares nos que os máis novos non coñecen as delimitacións das parcelas se conserven os nosos montes limpos.

Apoiar unha opción ou outra opción política implica facer unha declaración de intencións sobre os nosos montes , senón botade unha ollada ás novas da prensa e mirade quen está prol da defensa a ultranza dos nosos montes.

O BNG DE FORCAREI , UNHA REVISIÓN: PASADO, PRESENTE E, FUTURO.

Entrevista á responsábel local sobre a situación do BNG no concello.

Como avalías a situación actual da organización no concello?
A ver eu creo que , debemos ser ante todo honestos é recoñecer que as cousas están difíciles. Para nós foi un golpe duro perder o goberno da xunta e seguir sen ter representación no concello, porque temos moitas dificultades para conseguir información e non temos posibilidade de empregar os mecanismos institucionais. isto é , non podemos facer mocións, propostas … sinceramente, para nós, isto é un problema.Pero tamén debemos ser realistas e recoñecer que dende as municipais vense realizando un traballo continuo con presenza do BNG en todas as eleccións e incluso mellorando os resultados, que o BNG estivera facendo campaña nunhas europeas francamente era impensábel e agora xa estamos falando de propostas para as municipais cos veciños, isto sen dúbida é un gran avance.

Como valoras a actuación do goberno municipal?
Eu creo que eles están esgotando un ciclo e que os veciños estanse dando conta, Nós dende o BNG sempre tivemos unha visión clara de cara onde debía ir o noso concello , e dá a sensación de que equivocados ou non , somos os únicos que sabemos por donde queremos tirar. Para nós sacar o flote o sector agroganderio foi , é e será unha prioridade moito máis nos tempos que corren , grazas a anterior consellaría de Suárez Canal , puxemos en marcha as concentracións parcelarias de: Meavía – Quintillán , Dúas Igrexas, Millerada e Aciveiro, intentamos simplificar os trámites xuntando fases que se facían en dou anos como levantamento topográfico e o estudo de impacto medioambiental, coa consellaría do BNG fixéronse nun ano .
Outras das cuestións que máis magoa nos dá e a reforma da lei de concentración parcelaria que queda pendente , o BNG quería que os gandeiros fosen os máis beneficiados con estes procesos.
Pero o BNG non so se preocupa dos gandeiros, tamén amosamos a nosa preocupación polo plan de ordenación municipal que deixaba uns núcleos enormes e que facían que veciños tiveran que pagar moitos cartos pola contribución sen ter os mesmos servizos .
E por suposto nós queremos que o noso concello teña unha oferta cultural propia que potencie as nosas diferenzas , e que dicir do turismo ,para nós é importante ordenar e potenciar este sector a partir da creación de novos produtos que inviten a pasar unha fin de semana .
Tampouco esquecemos o sector empresarial e industrial que debe ser apoiado dende o concello, o que queremos que quede claro e que no BNG temos alternativa.

Como valoras o papel da oposición?
Eu non vou a entrar a valorar o que fai o PSOE , eu vou a valorar a noso papel na oposición fóra do pleno, moito dos veciños de Forcarei, téñennos dito que non saímos na prensa , e nós sempre contestamos do mesmo xeito: nós o que queremos antes de nada é que a xente saiba de nós ,que seguimos aquí e que tratamos de resolver as cuestións que están na nosa man , pero sobre todo o que pretendemos é que axente de Forcarei perciba a necesidade de que entremos no concello , para defender os seus intereses, logo xa virán as notas de prensa.

Para rematar, hai alternativa en Forcarei?
Definitivamente si , hai alternativa porque hai BNG